Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2022 | Actualizada ás 12:35
O Xurado do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022, organizado polo Ateneo de Santiago, outorgou o galardón a Nuria López Presedo pola súa serie de podcasts titulada 'Historias dun país en guerra'.
Este traballo contou con 35 capítulos que foron publicados simultaneamente na Radio Galega Podcast e as plataformas iVoox eSpotify nos pasados meses de maio e xuño. A través destas publicacións, a xornalista recolleu testemuños reais de distintas vítimas da guerra en Ucraína, mediante os relatos de residentes do país, persoas que fuxiron ou teñen familia nel.
Por outra banda, o Xurado adxudicou tamén un accésit a Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romeu Varela polo traballo 'Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar alcanzable?'. A entrega do galardón, constituído por 1.000 euros e unha peza conmemorativa, terá lugar nun acto público o próximo mes de decembro en Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.