Os tres centros de FP galegos que integrarán a rede de excelencia reciben fondos para proxectos sanitarios, tecnolóxicos e dixitais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

Os centros de Formación Profesional As Mercedes de Lugo, Carlos Oroza de Pontevedra e Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña, que integrarán a rede estatal de centros de excelencia, recibirán en total 2.395.000 euros do Estado para levar a cabo os seus plans de cualificación e integración nesta iniciativa, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.

En concreto, o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto será o que máis reciba deste tres, cunha asignación de 850.000 euros para proxectos ligados ao sector sanitario, entre eles iniciativas de realidade virtual, impresión 3D para audioloxía protésica, cultivos celulares e reprodución asistida.

Mentres tanto, o CIFP As Mercedes percibirá 795.000 euros para traballar na aeronáutica coa creación de drones impulsados por hidróxeno ou a fabricación de aeronaves non tripuladas con paneis solares, entre outras.

Ademais, o CIFP Carlos Oroza terá consignados 750.000 euros para impulsar a tecnoloxía, a dixitalización e a transición ecolóxica no ámbito da hostalaría e a alimentación saudable.

Estes tres centros galegos son os que propuxo a Xunta ao Ministerio de Educación e Formación Profesional para formar parte desta rede na que participarán 44 colexios públicos, que recibirán un financiamento total de ata 41,6 millóns de euros.

Varios estudantes nunha aula
Varios estudantes nunha aula | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta