Precísanse doazóns dos grupos sanguíneos A+, 0+ e 0-

Diariamente os hospitais galegos deberían contar con entre 400 e 500 doazóns para poder realizar a súa labor

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) animou a participar nas campañas de doazón de sangue, especialmente dos grupos A+, 0+ e 0-, ante os niveis baixos das reservas dos hospitais.

Así mesmo, a Consellería de Sanidade puxo a disposición cidadá distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que percorrerán estes días os concellos e cidades galegas para conseguir as doazóns necesarias.

Segundo un informe que trasladou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), os hospitais necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para realizar a súa labor. Neste contexto, ADOS solicitou un "esforzo especial" para incrementar as reservas de sangue.

"DOAR É SINXELO E SEGURO"

Desta maneira, lembraron que pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e non padeza, nin padecese, enfermidades transmisibles por vía sanguínea.

Ademais garantiron que é un acto "sinxelo" e "seguro" que permite salvar vidas e solucionar os problemas de saúde de moitas persoas.

Unha das unidades móbiles que percorrerán os concellos galegos para reunir as doazóns
Unha das unidades móbiles que percorrerán os concellos galegos para reunir as doazóns | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta