Rueda vincula o nacemento do "Xacobeo moderno do 93" cos Xogos Olímpicos de Barcelona

O presidente da Xunta destaca os lazos Galicia-Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/11/2022 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou a "pegada cordial dos galegos en Cataluña" e a súa "contribución á Galicia atractiva do turismo, do retorno e a captación de investimentos". Rueda botou man da memoria para lembrar os tempos de Barcelona dos Xogos Olímpicos do 92 que "deron paso á creación do Xacobeo moderno no 93". "Cando Cobi deixou de coarse nas casas de todo o mundo, Pelegrín comezou a abrir a nosa casa galega ao planeta", manifestou.

Alfonso Rueda, en Cataluña
Alfonso Rueda, en Cataluña | Fonte: Xunta de Galicia.

Así, durante a súa intervención na celebración dun encontro coa colectividade galega e catalá organizada polo Grupo Hotusa en Barcelona, o titular do Goberno galego subliñou os lazos familiares, culturais e económicos que unen a galegos e repasou os vínculos entre ambas as comunidades históricas, sobre todo, "nas últimas décadas pola contribución dos galegos ao progreso de Cataluña e pola implantación de empresarios cataláns en Galicia", especialmente nos sectores da conserva e o naval.

Na súa intervención, defendeu que a "estabilidade, a unidade e a responsabilidade" explican a Galicia de hoxe, "convertida nunha comunidade atractiva para xerar riqueza e emprego, unha Galicia que inviste en sectores produtivos e controla a débeda e protexe a quen máis o necesita".

O mandatario galego asegurou, así mesmo, que a galeguidade "non está en ningún lugar porque está en todos" e, esa identidade, "non é incompatible con outras, porque suman e porque non é necesario renunciar nin ter que confrontalas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta