O programa galego de cribado neonatal incluirá a atrofia medular espiñal a partir do 2023

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O programa galego de cribado neonatal incluirá a atrofia medular espiñal a partir do 2023. Así o confirmou este sábado o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na clausura das IV Xornadas ASEM Galicia, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, nas que se abordou o presente e futuro das enfermidades neuromusculares.

Segundo trasladou a Xunta, neste foro o titular de Sanidade avanzou que a administración autonómica incorporará novas patoloxías ao Plan galego de cribado neonatal no 2023, entre elas, a atrofia medular espiñal.

Durante a súa intervención, o conselleiro sinalou que o sistema sanitario "debe atender a estes pacientes dunha maneira multidisciplinar" e nos últimos anos, destacou a Xunta, avanzouse en diversos procedementos en relación ás enfermidades neurodexenerativas, entre elas, o Proceso Asitencial Integrado de esclerose lateral amiotrófica e o PAI de esclerose múltiple.

Do mesmo xeito, continuou o conselleiro, as dificultades na atención temperá e na xestión integral das enfermidades raras requiren "agrupar o coñecemento para facer posible a abordaxe das devanditas patoloxías baixo unha dimensión integral, concentrando os casos para unha atención adecuada".

Por este motivo, incluíuse, dentro do desenvolvemento da Estratexia Sergas 2020, o Plan Autonómico de Enfermidades Raras, dirixido ao desenvolvido coordinado e interdisciplinario da estratexia de abordaxe das enfermidades raras do Sistema Nacional de Saúde en Galicia.

Un neno con atrofia medular espiñal
Un neno con atrofia medular espiñal | Fonte: Infobae

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta