A Fundación Andrea celebra a súa décimo sexta gala solidaria para recadar fondos para os menores con enfermidades crónicas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron este sábado na XVI Gala solidaria anual da Fundación Andrea, que ten como obxectivo recadar fondos para as iniciativas que desenvolve esta entidade, centrada no apoio ás nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias.

Segundo trasladou a administración autonómica, Diego Calvo puxo en valor o espírito solidario que a fundación mantén vivo ao longo de todo o ano para os seus usuarios facilitándolle ás familias con escasos recursos económicos a atención e o apoio económico, moral e informativo que necesitan.

Así, detallou que ofrecen aloxamento nas súas tres 'casiñas' para os familiares de nenos e nenas hospitalizados e cobren, a través de bolsas, gastos de manutención ou desprazamento.

Ademais, proporcionan axudas coas que sufragar sesións de fisioterapia, musicoterapia, hidroterapia, logopedia, equipamentos ortopédicos, medicación e psicoterapia e atención psicolóxica ás familias.

Así mesmo, o vicepresidente segundo destacou o importante traballo que a organización realiza co obxectivo de facer máis agradable a estancia dos pequenos ingresados e ás súas familias nos hospitais galegos, grazas ao seu proxecto de dulcificación de espazos de uso pediátrico hospitalario.

Nenos pintando
Nenos pintando | Fonte: Icomem

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta