O programa 'Xuntos polo Nadal' ofrece 540 estancias gratuítas para que os anciáns non pasen as festas sós

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2022 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A Xunta ampliou o prazo para participar no programa 'Xuntos polo Nadal', que pon a disposición das persoas maiores, que vivan soas ou non teñan compaña nestas datas, 540 estancias con pensión completa gratuíta na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) ou na do Carballiño (Ourense).

As condicións necesarias, segundo comunicou a Consellería de Política Social, son ter máis de 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego e vivir só ou pasar estas datas sen compaña.

Desta forma, o programa concede unha estancia de ata oito días, que inclúe traslado e as actividades de animación ou entretemento realizadas nestes espazos.

Así mesmo, as solicitudes poderán realizarse a través da sede electrónica, nos centros de atención social ou o concello de procedencia, ata o día 5 de decembro. As prazas serán distribuídas en dúas etapas, do 23 ao 30 de decembro e do 31 ao 7 de xaneiro.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita á residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) en 2021
A conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita á residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) en 2021 | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta