Orgullosos do galego fale como se fale

Mozos de Ribadeo e o Barbanza presumen das peculiaridades da súa fala fronte e critican aos que se rin deles por non pronunciar como na norma oficial.

Por Galicia Confidencial | Rianxo / Ribadeo | 10/11/2014 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O debate sobre as diferentes variantes do galego implica aos máis novos a través da Rede. Así o demostra os recentes vídeos producidos por rapaces de Ribadeo e do Barbanza.

O primeiro, Ghalegho, foi elaborado por unha estudante de xornalismo de Rianxo, criticaba os problemas que sofren os galegofalantes que empregan a gheada ou o seseo, dúas características da lingua en moitas zonas costeiras. Nese vídeo unha moza contaba como tivo problemas por falar así en Ribadeo.

De seguido, un grupo de estudantes do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo respondeu con outro filme. Nel os mozos deixan claro que non están en contra de ningunha variante, e de feito, presumen das súas propias peculiaridades na pronuncia e no léxico. E é que "a nosoutros gústanos o galego con todas as variantes. Estamos orgullosos do galego".

Velaquí o vídeo de Ribadeo:

E este é o de Rianxo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 O Príncipe dos Mouros

Ai, non sabía eu que dicir "camiois", "nosoutros" ou "sapagueira" tiña que ver coas peculiaridades da pronuncia local e non coa morfoloxía (formación do plural ou pronomes) e o léxico. Perdón, pero en Ribadeo pronúnciase de acordo coa "norma oficial". http://bajolaatmosferadeurano.blogs...

1 Miñato

Claro, Príncipe dos Mouros, é que as variantes dialectais dun idioma non só afectan á fonética (pronuncia?), senón tamén ao léxico e á morfoloxía. En Ribadeo, empréganse formas do chamado galego oriental, tal e como acontece na Fonsagrada ou na zona da Veiga, Santiso de Abres, etc. Que en Ribadeo non se fale con seseo e gheadanon quere dicir que se siga unha "normativa" fonética oficial.