As urxencias pediátricas do CHUS vense desbordadas, cunha media de 150 nenos por día

A Confederación Intersindical Galega denunciou este mércores "a situación de saturación" que padecen e indicou que a xerencia "non planificou as necesidades de dotación de persoal para dar unha asistencia segura e de calidade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou este mércores "a situación de saturación" que padecen as Urxencias de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e indicou que a xerencia "non planificou as necesidades de dotación de persoal para dar unha asistencia segura e de calidade".

O sindicato sinalou nun comunicado que hai "un notorio incumprimento da dirección do hospital das funcións e normas reguladoras do funcionamento" das urxencias pediátricas. Así, subliñou este servizo "vese desbordado cada día, cunha media de 150 nenos por día, chegando a máximos de 200".

Ademais, afirmou que "se mantén o mesmo persoal de enfermaría, encargado de dobrar quendas para asumir o reforzo do persoal necesario", o que "impide os seus descansos e a conciliación familiar". Tamén subliñou que a xerencia "non contemplou unha previsión de formación de persoal en Pediatría".

Nesta liña, denunciaron que "tampouco se contemplaron cambios organizativos no traballo" e que "se seguen asumindo tarefas que podían ser desenvolvidas noutras unidades".

Pediatra na consulta cun bebé
Pediatra na consulta cun bebé | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta