Evacúan unha menor e dúas mulleres con intoxicación pola mala combustión dunha cociña de leña en Ponte Caldelas

Tras ventilar o inmoble, os servizos de emerxencia realizaron as medicións correspondentes para comprobar a mellora da calidade do aire.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Unha menor e dúas mulleres tiveron que ser evacuadas este domingo con síntomas de intoxicación por inhalar monóxido de carbono nun domicilio da parroquia de Tourón, no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas, debido á mala combustión dunha cociña de leña.

Segundo trasladou o 112 Galicia, esta circunstancia provocou a acumulación suficiente de monóxido como para provocar a indisposición deste tres persoas.

Ata o lugar, ao fío das 09,15 horas, acudiron os Bombeiros do Morrazo e a Garda Civil, así como profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que foron os encargados de avisar á central de emerxencias mentres se desprazaba ao domicilio para atender ás afectadas, pero non lograba comunicarse con elas, polo que necesitaba colaboración para acceder ao interior.

Tras ventilar o inmoble, os servizos de emerxencia realizaron as medicións correspondentes para comprobar a mellora da calidade do aire.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta