Homenaxe á emigración galega no Gran Teatre do Liceu de Barcelona

A Comunidade Galega de Cataluña fará posible neste fermoso escenario o espectáculo “Unha Xeración. Dous Mundos”, unha gala de teatro musical que busca render tributo aos galegos e galegas que chegaron a Cataluña nas décadas dos 60 e 70.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 09/12/2022 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

A Comunidade Galega de Cataluña presentará o vindeiro 10 de decembro ás 18.00 horas, no Gran Teatre do Liceu de Barcelona, o seu espectáculo “Unha Xeración. Dous Mundos”.

Cartel do evento
Cartel do evento

“Unha Xeración. Dous Mundos” é unha gala de teatro musical que explica varias historias da Emigración Galega en Cataluña desde a década dos 60 e 70 ata os nosos días, unha época na que se crearon a maioría de Centros Galegos e Casas de Galicia, así como institucións sociais e empresariais, contribuíndo a construír e mellorar a nosa sociedade e a terra de acollida, Cataluña.

A iniciativa deste evento partiu da Casa Galega de L’Hospitalet e Xuntanza de Catalunya que conseguiu sumar a máis de vinte entidades galegas colaboradoras (Comunidade Galega de Catalunya) e o apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Deputación de Barcelona, así como AEGA-CAT (Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña).

O ESPECTÁCULO

“Unha Xeración. Dous Mundos” conta cun elenco de máis de 250 participantes, actores e músicos, que darán vida a un guión escrito por Xosé Carlos García e Manuel Prados. Os recoñecidos artistas galegos Artur Puga e Xisco Feijoó son, pola súa banda, directores artísticos da obra, cuxa dirección teatral e musical recae en Cote González e Xurxo Gándara, respectivamente. Por outra parte, Fidel Vázquez é o responsable da iluminación do espectáculo, mentres que Alberto Quintá é o responsable de son.

Xisco Feijóo, director artístico de
Xisco Feijóo, director artístico de | Fonte: xiscofeijoo.com

Música, baile, teatro e emoción daranse cita neste espectáculo, que levará Galicia á capital catalana, para homenaxear a todas aquelas persoas que tiveron que vivir “entre dous mundos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta