Os menores de 18 anos tamén poderán disfrutar dunha festa de fin de ano en Ourense

Só se servirán bebidas sen alcol.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/12/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou de que organizará o 31 de decembro a primeira festa adolescente de fin de ano, que terá lugar na carpa instalada na Praza Maior. Segundo traslada o Consistorio nun comunicado, será unha festa 'sub-18', na que só se servirán bebidas sen alcol.

Así mesmo, o Concello ourensán informou de que a verbena para persoas adultas que cada ano se organiza esa noite será na Rúa do Progreso, á altura da Alameda, e estará amenizada polo grupo América. Os dous eventos organizados polo Concello de Ourense para dar a benvida ao novo ano en Noitevella comezarán a partir das 1,00 horas de 1 de xaneiro de 2023.

Discoteca
Discoteca | Fonte: Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luisa

Y volverá a estar cortada la calle Progreso... Pues mi padre tiene 92 años y cada vez que cortan la calle tengo que hacer maravillas para poder aparcar lo más cerca posible para recogerlo y volverlo a retornar. El Jardín del Posio sería un lugar estupendo, como siempre lo fue y no habría que cortar la arteria principal de Ourense