Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 20/11/2014
Na área de descanso/servizo de Ordes (entre Santiago e A Coruña) construiron un galpón, de grandes dimensións, á medida da paisaxe dos paisanos: Construido con bloques de formigón e fibrocemento (uralitas), con portal metálico, SEN RECEBAR.
Está situada, ademais, en solo rústico, que é o territorio máis sensible para a Axencia Urbanística (APLU) da Xunta de Galicia, na que cada semana caen sancións a particulares, seguramente por galpóns de menor impacto.
Se todos/as estamos obriados/as a manter unhas mínimas condicións de integración na paisaxe, o cal é lóxico e ata europeo, alguén debe esixir a AUDASA a acondicionar o seu galpón ás condicións que constan na Lei do Solo de Galicia.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.