Suba dos casos covid en Galicia no nadal; os casos xa son 2.000

Con todo, baixan as hospitalizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou un total de 205 novos positivos en covid-19 en 24 horas, cos que os casos activos subiron ata os 1.963. Con todo, os ingresados descenderon en cinco, a 219 en toda Galicia.

De acordo cos datos do Sergas publicados este venres, actualizados ás 18,00 do xoves, o groso das novas infeccións detectadas foi nas áreas sanitarias de Vigo (53) e A Coruña-Cee (50). Séguenlles Santiago-Barbanza (32), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (29), Pontevedra-O Salnés (17), Lugo-A Mariña-Monforte (17) e Ferrol (7).

Este aumento das infeccións traduciuse nunha subida dos casos activos, é dicir, das persoas que están a atravesar a enfermidade nestes momentos, ata as 1.963, que son 207 máis. A cifra aumentou en todas as áreas sanitarias e a que máis contabiliza é a de Vigo, con 460 (+51).

Tamén creceron os casos activos de forma importante na da Coruña, a 356 (+42), e na de Ourense, a 337 (+46). Mentres tanto, a de Santiago contabiliza 289 pacientes covid (+27), a de Lugo 236 (+15), a de Pontevedra 162 (+15) e a de Ferrol 123 (+11).

No entanto, no que respecta á presión hospitalaria, diminuíu lixeiramente ata os 219 ingresados con covid, cinco menos. En concreto, descenderon os que están en planta 216 (-5), mentres que só hai tres en unidades de coidados intesivos en toda Galicia.

Hai tres áreas nas que a cifra de hospitalizados subiu. Trátase da de Ourense, con 35 pacientes (+1), a de Santiago, con 31 (+4), e a de Lugo, con 27 (+6). Mentres tanto, a presión hospitalaria provocada pola pandemia diminuíu na área da Coruña, con 61 ingresados (-8); na de Vigo, con 42 (-3); na de Pontevedra, con 15 (-1); e na de Ferrol, con oito (-4). O Sergas non notificou este venres novos falecidos con covid-19 nas últimas horas, polo que a cifra de óbitos desde o inicio da pandemia mantense en 3.987.

Proba PCR e antíxeno da Covid
Proba PCR e antíxeno da Covid | Fonte: JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta