Os trens Avril aínda tardarán "meses" en estar operativos en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, recoñeceu que aínda non hai data para que estean operativos os trens Avril en Galicia, cuxa chegada é "cuestión de meses".

Así o apuntou, en declaracións aos medios este venres en Ourense, onde visitou as obras da variante ferroviaria, cuxo proxecto executa Adif.

"É unha pregunta reiterada porque todos estamos a esperar como auga de maio os trens Avril", aseverou Pardo de Vera, que incidiu en que existen unhas "infraestruturas fantásticas", pero incumpríronse "prazos de entrega" por parte do fabricante, Talgo, polo que os trens todavían están en proceso de homologación.

"Se se empezase antes a fabricación, no momento en que se contrataron, non estariamos con esta inquietude e coas molestias que estamos a provocar por non ter o suficientes trens para dar servizo nesta gran infraestrutura", sostivo a secretaria de Estado de Transportes.

Así, dixo que, atopándose no proceso de homologación das probas de material rodante, "non vai haber ningunha présa" que "poida pór en dúbida a seguridade", co cal "espera" que cheguen no ano 2023, "nos próximos meses".

Neste senso, sostivo que desde a Secretaría de Estado hai un grupo de traballo para coordinar os proxectos con Adif coa axencia ferroviaria e está "a seguir semanalmente as probas" que se realizan, pero "as probas, probas son", e nesta liña lamentou que ata que terminen non poderá dar o mes exacto, polo que "é unha cuestión de meses".

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta