Este xoves abre o prazo para que os municipios galegos afectados polos grandes incendios do verán soliciten axudas

O prazo é ata o 30 de xaneiro e poden pedilas os concellos declarados zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou este mércores a apertura da convocatoria de axudas a concellos afectados polos incendios, algo que referenda o "compromiso cumprido do Goberno con Galicia".

Así, o Boletín Oficial do Estado (BOE) recolle a convocatoria das axudas para reparar infraestruturas municipais e rede viaria provincial nas zonas afectas os incendios deste verán, na que se inclúen os 20 grandes lumes rexistrados en Galicia.

"Este Goberno e o presidente Pedro Sánchez estiveron desde o principio sobre o terreo e apoiando á Xunta cando os seus medios non eran suficientes", lembrou o delegado do Goberno.

Neste senso, segundo indicou a Delegación, Miñones valorou que o Goberno "cumpre o compromiso que o presidente avanzou na súa visita ás zonas afectadas polos incendios en Galicia este verán".

Desta forma, o importe destas subvencións para executar obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal ascende a máis de 4,36 millóns de euros.

As entidades locais poderán solicitar as axudas desde este xoves ata o 30 de xaneiro. En Galicia teñen dereito ás axudas todos os concellos afectados polos 20 incendios forestais cuxo territorio foi declarado zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil (Zaepc) polo Consello de Ministros o 23 de agosto.

Con todo, Miñones apuntou que é "necesario seguir traballando" na prevención para que esta situación non volva repetirse e incidiu en que esa prevención "segue sendo a materia pendente da comunidade e fan falta novas iniciativas".

En Galicia, o Consello de Ministros declarou a finais de agosto zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil todo o territorio afectado polos 20 grandes incendios declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto. Son nove lumes na provincia de Ourense, cinco en Pontevedra, tres na Coruña e tres en Lugo.

Unha persoa camiña por unha das zonas queimadas polo incendio de Folgoso do Courel, a 18 de xullo de 2022
Unha persoa camiña por unha das zonas queimadas polo incendio de Folgoso do Courel, a 18 de xullo de 2022 | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta