Galicia pide ao Goberno axilizar a delimitación de zonas para as enerxías mariñas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O Parlamento galego solicitou ao Goberno central, cos votos do PP e do PSdeG e a abstención do BNG, que axilice a aprobación dos plans que delimitan as zonas nas que implantar enerxías mariñas.

A comisión de industria debateu este xoves unha proposición non de lei do PP sobre o apoio da Xunta á plataforma experimental de eólica mariña prevista a 10 quilómetros do porto exterior da Coruña.

Con ela, tras saír adiante co apoio de populares e socialistas, tamén demanda ao Goberno central a axilización da aprobación dos devanditos plans.

En concreto, que "axilice" dita aprobación para poder coñecer as zonas que van estar delimitadas para a implantación de enerxías mariñas, "salvagardando sempre os intereses do sector marítimo-pesqueiro e a preservación do ecosistema mariño".

En canto ao apoio á plataforma experimental, refírese a esta iniciativa como "proxecto piloto para o posterior despregamento da eólica mariña en Galicia e a nivel de toda España".

Plataforma eólica mariña flotante de Ferrovial
Plataforma eólica mariña flotante de Ferrovial | Fonte: Ferrovial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta