As Marchas da Dignidade toman Santiago

Varias “columnas” sairán da Coruña, Ferrol, Mariña Lucense, Lugo, Ourense, O Barco, Barbanza, Morrazo, Val Miñor e Asturias. Tamén se prevé a chegada dun grupo de ciclistas que sae da Coruña pola mañá.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2014 | Actualizada ás 01:15

Comparte esta noticia

A  Praza do Obradoiro da capital de Galicia será este sábado o escenario dunha importante protesta convocada polas Marchas da Dignidade, na que participan máis de 300 organizacións en todo o estado, e 50 en Galicia baixo o lema  "pan, traballo e teito".

Distintos participantes das marchas pola Dignidade camiñan cara Madrid
Distintos participantes das marchas pola Dignidade camiñan cara Madrid | Fonte: alasbarricadas.org

A protesta ten como obxectivo denunciar unha situación que se considera "inxusta e perversa porque o goberno está a seguir as ordes do poder económico contra o pobo".

Para esta movilización organizáronse varias "columnas" que saen dende Coruña, Ferrol, Mariña Lucense, Lugo, Ourense, O Barco, Barbanza, Morrazo, Val Miñor e tamén Asturias.  A maior parte irán en autobuses e automóbiles privados. O resto irán en marchas a pé que xa saíron dende o sur e o norte, e que afrontan os últimos kilómetros do percorrido. Tamén sairá unha columna ciclista dende A Coruña este sábado ás 6 da mañá do Obelisco.

As "columnas" chegarán a varios puntos de Santiago para acudir en manifestación ata ao Obradoiro, onde coincidirán todas ás 12:00. Alí, haberá varias actuacións presentadas por Cándido Pazo; Mini e Mero, Habelas Hainas, Ataque Escampe e a lectura do manifesto a cargo e Roberto Rivas "Ío", bombeiro activista de Stop Despexos. No resto do estado tamén haberá mobilizacións semellantes en 10 autonomías, como a acontecida o día 15 de novembro en Valencia. As Marchas da Dignidade continuarán o seu traballo a partir do día 30 de novembro cara a outra mobilización o 22 de marzo de 2015.

A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana de Madrid hai uns meses
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana de Madrid hai uns meses | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 PPODEMOS

A manifa dos soviets, perdón, dos círculos ejpañolistas.

5 mandrileños de chapela

Xa me parecía a min que a imaxe desta noticia non podía ser destas marchas da "dignidade", porque en todo o Obradorio non habería nin unha ducia de bandeiras galegas. Normal que teñades que tirar do arquivo!

4 rassing

Nalgures podo atopar a cifra "oficial" de manifestantes que "encherom" os 3000 m2 da Praça do Obradoiro que ocupou a manifestaçom?

3 Cruda Realidad

Qué manía de llenar todo de banderas del bloque, ni que Galicia fuese nacionalista.

2 nacionalista anticorruPPtos

o PE$OE e o AGE$ en sevilla das corruPPtelas, metian os cartos en caixas vellas dos zocos e os levaban asi de quentiños para casa, E AGORA QUE O SABES VAI E VOTA ppe$oes e age$....