Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/01/2023 | Actualizada ás 17:00
Un desprendemento de terra obrigou a cortar este domingo a estrada de Reza, en Ourense, fronte á depuradora, segundo informou o propio Concello.
Explican que ás 13.26 horas a Policía Local de Ourense tiña coñecemento do desprendemento que cortou totalmente a estrada e que chegou a arrastrar unha caravana que circulaba polo lugar, desprazándoa ata o parque situado á beira da depuradora. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.
Nestes momentos, a estrada permenece pechada dende Alongos (pola Garda Civil) ata a gasolineira de Reza (pola Policía Local).
Policía Local e bombeiros interveñen tamén a esta hora no túnel de Bobadela e vixían o nivel do auga nas beiras do Miño, próximo a alagar a zona termal do Tinteiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.