Muxía xa pode cultivar pataca

A Xunta preve conter a couza guatemalteca da pataca en dous anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Medio Rural sobre as medidas para a erradicación e control da couza guatemalteca da pataca conforme ás últimas decisións da comisión de seguimento desta praga.

Mediante esta publicación, a Xunta levanta formalmente a prohibición do cultivo de pataca en Muxía, que se mantiña ata o momento para evitar a expansión do becho que afecta a este tubérculo.

Pasan a ser consideradas zonas tampón --espazos límite de contención en lugares que lindan con outras zonas infestadas e nas que se pode plantar pataca comunicando o cultivo-- a totalidade do concello de Muxía, incluídas as parroquias da Nosa Señora, Leis (San Pedro), Muxía (Santa María), Moraime (San Xulián), Ozón (San Martín) e Lendo (San Xián) na Laracha.

Ao tempo, mantense a prohibición de plantar pataca nas parroquias de Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro) en Arteixo; A Pedra (Santa María) en Cariño; Caión (Santa María do Socorro) na Laracha e San Xurxo en Moeche.

En Lugo, a prohibición do cultivo deste tubérculo segue en Burela e na parroquia de Santa María de Trabada, no concello homónimo.

DESDE 2015

A praga de corentena da couza guatemalteca da pataca detectouse por primeira vez en 2015. Na actualidade, os datos de seguimento de presenza deste organismo mostran un "avance significativo" na súa contención.

En 2019 chegaron a estar infestados 35 concellos, segundo apunta a consellería, que prevé que poida erradicarse nos próximos dous anos --é necesario que non se detecte ningún individuo desta especie durante dous anos seguidos--.

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta