A Xunta ofrece 80.000 euros en axudas a catro concellos do Courel e Valdeorras afectados polos lumes de 2022

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou as axudas da Xunta a catro concellos e dúas comunidades veciñais polos incendios de xullo de 2022, avanzadas xa polo presidente galego, Alfonso Rueda.

Zona arrasada polo lume, a 16 de agosto de 2022, no Courel
Zona arrasada polo lume, a 16 de agosto de 2022, no Courel | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución de 20 de decembro da Dirección Xeral de Patrimonio Natural pola que se recollen os beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da orde de xullo do ano pasado na que se establecían as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a reparación de danos causados polos incendios.

As mesmas están destinadas a titulares de infraestruturas de uso público de medio natural dentro da rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectadas polos incendios forestais.

A finalidade da orde é outorgar axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que leven a cabo para a reposición ou reparación das infraestruturas de uso público do medio natural.

Serán algo máis de 79.000 euros a repartir entre catro concellos para actuacións como sinalización, miradoiros, pasarelas ou reparación de sendas.

A principal partida, case 40.000 euros, será para Folgoso do Courel e o resto distribuiranse entre A Pobra do Brollón, Quiroga e Vilariño de Conso. Haberá tamén 40.000 euros a distribuír en dúas comunidades de monte veciñal: Vilar e Salcedo e Bairán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta