A borrasca Gérard anticípase a Fien e trae este luns moita choiva e neve en cotas altas

Fien complicará a situación a partir do martes e ata o sábado.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 16/01/2023 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

A borrasca Gérard, sétima da tempada, adiántase á borrasca Fien e xa está a afectar a Galicia con vento, ondada, nevadas e choivas. Hai risco laranxa por vento na Coruña e Lugo e risco amarelo en Ourense e Pontevedra. 

Varias persoas chegan á parroquia do Cebreiro para gozar da neve, a 15 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro
Varias persoas chegan á parroquia do Cebreiro para gozar da neve, a 15 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Hai precipitacións persistentes e xeneralizadas en Galicia e as cotas de neve sitúanse no noroeste peninsular en 1.200/1.500 metros, subindo a 1.800/2.000 metros.

Respecto das temperaturas, as diúrnas non cambiarán ou ascenderán no oeste e noroeste peninsulares, mentres descenderán localmente notable no terzo sueste, Baleares e contorna de Pireneos.

TEMPORAL MÁIS ADVERSO CON FIEN

Tras o paso de Gérard, a parte máis adversa do temporal invernal corresponderá á borrasca Fien, sexta da tempada, que se formará a primeiras horas do martes e virá acompañada de nevadas en cotas baixas no centro e metade norte, onde mesmo poderían verse copos ao nivel do mar.

Segundo un aviso especial do AEMET, xa desde este luns a interacción do potente anticiclón atlántico centrado ao oeste de Azores, coa profundización da borrasca Fien, ao sur das Illas Británicas, dará lugar á intensificación do fluxo atlántico do oeste e noroeste, facéndoo máis forte, húmido e frío.

Esta situación meteorolóxica orixinará un temporal de vento e mar na Península e Baleares, e de neve e choiva na metade norte peninsular, que se manterá durante boa parte da semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta