Contabilizadas máis de cen incidencias en Galicia, A Coruña e Lugo son as provincias máis afectadas

As incidencias máis comúns son a caída de árbores, cables e inundacións puntuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O temporal, de forma acusada o vento e a choiva, deixaron pegada na Comunidade nas últimas horas. De feito, entre as 00,00 horas e o mediodía deste luns, o 112 Galicia computou un total de 123 incidencias. As provincias máis afectadas son A Coruña e Lugo.

As incidencias máis repetidas no territorio galego foron as caídas de árbores e ramas nas estradas (71 en total), seguidas daquelas relacionadas coa prevención de risco (12) e a caída de cables sobre as estradas (9). Así, na provincia da Coruña, o 112 Galicia contabilizou un total de 70 incidencias, seguidas das 30 rexistradas na de Lugo; 17 na de Pontevedra e, por último, 6 na de Ourense.

Aínda que sen incidencias de consideración, a caída de árbores e ramas sobre as vías de circulación marcaron as últimas horas. Na provincia da Coruña rexistráronse 37 incidencias deste tipo; na de Lugo, 22; na de Pontevedra 7 e na de Ourense, cinco.

Tamén se produciron inundacións puntuais. Por exemplo, os bombeiros tiveron que intervir nas oficinas do Concello de Pontevedra. E hai administracións que xa tomaron decisións preventivas. Por exemplo, o Concello da Coruña pechou parques e praias polo mal tempo e como medida de precaución.

RISCO DE INUNDACIÓNS

O 112 tamén lembrou que está activado o plan especial de prevención fronte a inundacións polo aumento do caudal e o posible desbordamento de oito ríos galegos.

En concreto,a alerta activouse nos ríos Lerez, en Pontevedra; o Mera, en Ortigueira; o Furelos, en Santiso; o Mandeo, en Betanzos; o Ouro, en Foz; o Parga, en Guitiriz; o Ladra, en Vilalba; e o Tambre, en Oroso.

Vista da costa tras o paso da borrasca Gérard, a 16 de xaneiro de 2023, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press
Vista da costa tras o paso da borrasca Gérard, a 16 de xaneiro de 2023, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta