Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/01/2023 | Actualizada ás 17:51
As táboas salariais do convenio colectivo do metal de Pontevedra actualizaranse este mes de xaneiro co IPC de decembro de 2022, que quedou nun 5,7 %, algo que Comisións Obreiras (CC.OO.) ve "insuficiente".
Nun comunicado, o sindicado celebrou esta subida, que é posible grazas á incorporación da cláusula de garantía salarial sobre o IPC incorporada na negociación colectiva de 2017.
Con todo, unha vez caducado a finais do ano pasado o convenio, na nova mesa negociadora CC.OO. pretende un incremento salarial que faga que os traballadores do sector gañen poder adquisitivo, ademais de máis avances a nivel social, "para que o convenio volva ser un referente na provincia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.