Rueda defende que médicos simultaneen pública e privada: "É un cambio que procede"

Di que iso llelo pediron os colexios de médicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que o borrador para que médicos da sanidade pública poidan traballar tamén en centros privados con actividade concertada responde a unha "reivindicación de hai tempo".

"É un cambio que procede", dixo, a preguntas dos xornalistas con motivo da súa visita a unha autoescola no municipio de Culleredo. Respecto diso, incidiu en que se trata dunha cuestión que pediron os colexios de médicos galegos e que, por iso, está a ultimarse o borrando e "falando con eles".

"Para que médicos na pública poidan traballar na privada sempre que non haxa incompatibilidades e que non estean a atender pacientes que estean a atender na pública", engadiu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello | Fonte: Xoán Crespo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta