Tiran panfletos criticando a xestión do alcalde de Vilanova de Arousa

O alcalde, Gonzalo Durán, dixo que hai polo menos unha testemuña que viu a un home tirando os panfletos na rúa, xusto diante da casa consistorial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

Despois de facer público un vídeo no que poden verse ás dúas persoas que lanzaron un artefacto incendiario á súa casa, o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, revelou este mércores novos ataques anónimos contra el. Nesta ocasión trátase duns planfletos que alguén arroxou durante a madrugada do pasado sábado fronte ao Concello do municipio.

Segundo sinalou o rexedor, nos panfletos facíanse críticas cara á súa xestión como alcalde, á vez que se insinuaban referencias a supostos casos de acoso e outras irregularidades.

Segundo Durán dixo que hai polo menos unha testemuña que viu a un home tirando os panfletos na rúa, xusto diante da casa consistorial. O rexedor desvelou que a descrición desa persoa podería coincidir coa do home que lanzou un artefacto incendiario á súa casa en setembro de 2021.

Neste sentido, o alcalde adiantou que valora convocar unha nova rolda de prensa para dar informacións máis detalladas, que poden ser útiles á hora de desvelar a identidade da parella que arroxo o artefacto incendiario ao interior da súa vivenda.

O rexedor vilanovés insiste en que a súa vontade é reabrir a investigación grazas ás novas pistas achegadas pola colaboración cidadá e que utilizará cuantos canles teña ao seu alcance para dar a maior difusión posible ás imaxes dos atacantes.

SECUENCIA

O pasado venres 13 Gonzalo Durán fixo públicas unhas imaxes gravadas polas cámaras de viodeovigilancia do seu domicilio nas que se podía ver como unha parella, coa cabeza cuberta por unha visera e a cara tapada por unha máscara, lanzaban de madrugada un testo ardendo ao interior da súa vivenda e despois fuxían correndo.

O alcalde de Vilanova sostén que, tanto polos xestos e a forma de andar como pola sudadera "moi identificativa" que levaba a muller, os atacantes poden ser facilmente identificables polos veciños do municipio.

O rexedor habilitou unha conta de correo solicitando a colaboración cidadá para identificar os autores do ataque incendiario, á vez que pediu que as imaxes fosen compartidas a través das redes sociais "para que as vexa o máximo posible de xente".

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova | Fonte: TVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Home, tirar panfletos non é delito ningún... ata podían entregalos en man de un en un... O carallo é non ver á Marquesa de Toralla facendo ningunha declación institucional contra o acto incendiario na vivenda do alcalde de Vilanova (?) Será que se te chaman "chacha para todo de Abel Caballero" xa non tes dereitos democráticos e pódenche queimar vivo (?) O Delegado do Goberno nin pío, e a Fiscalía e a Guardia Civil tampouco andan moi espabilados (contando con gravacións das dúas persoas) ! Aínda estamos en Xaneiro e as eleccións son en Maio Cóidate dos Idus de Marzo !