Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 15:25
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou á Xunta máis medidas para evitar a adicción ao xogo entre os menores, con motivo dunha xornada organizada pola institución provincial, en colaboración coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure).
Baixo o título 'Como detectar, tratar e previr a adicción aos videxogos', o seminario, dirixido aos servizos sociais dos concellos e aos servizos de orientación de centros educativos, contou tamén coa presenza da deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o presidente de Agalure, Francisco Gil.
"Con esta xornada queremos enviar un sinal á sociedade de que administracións como a Deputación da Coruña estamos moi sensibilizados e comprometidos con esta problemática que afecta a moitas familias e que estamos dispostos a facer o que haxa que facer para que outras administracións como a Xunta de Galicia se implique tamén a fondo neste problema", afirmou o tamén secretario xeral do PSdeG en declaracións aos medios previas ao acto.
Así mesmo, advertiu sobre "os riscos tecnolóxicos que irrompen nos fogares en forma de videoxogos ou apostas en liña" e demandou á Xunta medidas "máis ambiciosas" para a prevención da ludopatía e a regulación das casas de apostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.