O río Miño ameaza con inundación no seu paso pola Peroxa

O caudal do Miño tamén mantén en alerta aos concellos de Ourense, Lugo e Salvaterra do Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O elevado caudal do río Miño ao seu paso polo municipio ourensán da Peroxa obrigou a activar o aviso por risco alto de inundación.

En total, son 14 os ríos galegos que están en alerta por risco de desbordamento nunha veitena de municipios, segundo figura na última actualización da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. O punto máis conflitivo está no municipio ourensán da Peroxa, onde o caudal do Miño elevou a súa situación á de risco alto.

O caudal do Miño tamén mantén en alerta aos concellos de Ourense, Lugo e Salvaterra do Miño. Nesta mesma situación está o Támega en Castrelo do Val, o Neira no Páramo, o Ladra en Begonte, o Arnoia en Arnoia e o Sil no Barco.

Na demarcación Galicia-Costa, están en alerta o río Cobo en Cervo, o Mera en Ortigueira, o Mendo en Betanzos, o Tambre en Oroso, o Furelos en Santiso, o Xallas en Santa Comba, o Oitavén en Soutomaior e o Ulla ao seu paso por Santiso e Touro, ambos os municipios da Coruña.

MELLORA SITUACIÓN EN LUGO

Un dos puntos conflitivos da semana pola crecida de ríos foi a cidade de Lugo, onde o Miño se desbordou e chegou a alagar partes do concello, entre elas, o CEIP A Ponte.

Este venres, a situación "está controlada e en vías de ser superada", segundo expuxo o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, durante unha visita a zonas afectadas a inundacións.

O edil sinalou que "facía moitos anos" que o Miño non presentaba unha crecida deste nivel na cidade, onde causou danos que están a ser agora avaliados.

Deste xeito, as previsións apuntan a unha mellora das condicións meteorolóxicas coa remisión das intensas precipitacións das últimas, como expuxo Miguel Fernández.

Crecida do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, a 19 de xaneiro de 2023, en Ourense, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén a Lugo en alerta amarela polo temporal, debido ás diversas inundacións que se están pr. Rosa Veiga - Europa Press
Crecida do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, a 19 de xaneiro de 2023, en Ourense, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén a Lugo en alerta amarela polo temporal, debido ás diversas inundacións que se están pr. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta