Condenado a máis de 9 anos de cadea un home por abusos continuados á súa fillastra entre os 12 e os 16 anos

Os maxistrados dan verosimilitude ao testemuño da vítima, que cualifican na sentenza como "incuestionable", ademais de estar reforzado por "corroboracións periféricas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Un home da Coruña foi condenado a nove anos e tres meses de cárcere por cometer abusos sexuais de forma continuada contra a súa fillastra cando a menor tiña entre 12 e 16 anos.

A sentenza, emitida pola Audiencia Provincial da Coruña e que foi difundida este venres polo TSXG, considera probado que o home someteu a prácticas sexuais á menor, filla da súa parella dunha relación anterior.

Os tres vivían nun piso da cidade herculina xunto á filla que teñen en común e outro fillo da muller, quen, por motivos laborais, pasaba a maior parte do tempo fóra do fogar, o que facía que recaesen no condenado as tarefas de coidado dos menores.

Así o recolle o fallo xudicial --contra o que cabe recurso--, no que o xuíz determina que o home empezou a forzar a manter prácticas sexuais á menor, á que chegou mesmo a mostrar un vídeo íntimo da súa nai.

Os maxistrados dan verosimilitude ao testemuño da vítima, que cualifican na sentenza como "incuestionable", ademais de estar reforzado por "corroboracións periféricas".

Xulgados de Santiago, en Fontiñas
Xulgados de Santiago, en Fontiñas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta