O BNG pide no Congreso solucións urxentes ante os atrasos continuados no transporte ferroviario en Galicia

O Bloque reclama que se asegure as indemnizacións polos atrasos, "con independencia de se a responsabilidade é de Renfe ou de Adif".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas no Congreso par reclamar solucións urxentes ao Goberno ante os atrasos continuados en frecuencias de tren en Galicia.

Así, demanda que Adif e Renfe garantan o servizo ferroviario en óptimas condicións en Galicia para que non continúen o atraso en frecuencias ferroviarias, á vez que demanda cobertura adecuada no eixo atlántico e nos trens Avant Ourense-A Coruña.

O Bloque lembra que diferentes entidades e asociacións denunciaron ante a xunta arbitral de transportes de Galicia os atrasos sistemáticos da compañía ferroviaria.

Así mesmo, o Bloque reclama que se asegure as indemnizacións polos atrasos, "con independencia de se a responsabilidade é de Renfe ou de Adif".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta