A Xunta presume de que habilitou estradas da súa titularidade para o desvío do tráfico logo do corte na N-642

Volveu a demandar ao Goberno un plan de conservación das estradas de titularidade estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Despois do derrube dunha parte da N-642, entre as localidades lucenses de Burela e Foz, debido a unha focha producida polas fortes choivas dos últimos días, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, volveu a demandar ao Goberno un plan de conservación das estradas de titularidade estatal.

Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, a titular de Infraestruturas da Xunta afirmou que este peche supón "un impacto social e económico importante". "Falamos dun peche que afecta as conexións co Hospital, ao porto de Burela e tamén ao transporte público. Falamos dunha vía fundamental na Mariña", argumentou.

Así, reivindicou que a Xunta habilitou estradas da súa titularidade para o desvío do tráfico, así como os equipos da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que traballan no punto cunha bomba de achique de gran caudal e un semirremolque de achique dotado con 16 bombas.

Neste contexto, Ethel Vázquez asegurou que as administracións deben "reflexionar" sobre como afecta o cambio climático ao estado das estradas. Por iso, instou ao Executivo central a "priorizar os investimentos en conservación de estradas". "Para nós nosa prioridade en materia de conservación é fundamental. Actuar a tempo é aforrar no futuro. Nese sentido, pedimos un plan de conservación anual, cíclico e xornal", reafirmou.

Sobre isto, Vázquez reivindicou que a Xunta, "ademais de contar cun plan de conservación", adaptou o seu plan de inspección "ao cambio climático" e ampliou esas inspeccións. Ademais, a conselleira de Infraestruturas sinalou que a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, trasladoulle ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, que o corte da N-642 é "indefinido".

Un guindastre na estrada N-642, a 21 de xaneiro de 2023, en Lugo, Galicia.. Carlos Castro - Europa Press
Un guindastre na estrada N-642, a 21 de xaneiro de 2023, en Lugo, Galicia.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta