Homenaxe ás "mulleres entroideiras" no cartel do Entroido de Verín

Xa hai imaxe oficial do entroido desta localidade. É obra de Iago Blanco, un verinés que buscou "exaltar e homenaxear á muller no entroido".

Por Galicia Confidencial | Verín | 23/01/2023 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

O cartel ilustrador desta edición foi presentado no Auditorio Municipal pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e polo propio autor, o verinés Iago Blanco de la Parra.

Presentación do Cartel do Entroido de Verín 2023. Foto: Prensa Concello de Verín.
Presentación do Cartel do Entroido de Verín 2023. Foto: Prensa Concello de Verín.

O concepto principal desta obra, en palabras do seu creador: "é a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila".

No cartel pódese apreciar como a raíña chega a praza mentres é acompañada polos cigarróns e recibida polas mulleres de Verín así como os homes que se intúen ao fondo coa fariña. "Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do entroido, no que por momentos o cartel parece semellarse ao famoso libro de Onde está Wally?", explicou Blanco de la Parra.

A obra está feita con técnica dixital, conseguindo a base de manchas de cor unha imaxe figurativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta