Detidas tres mulleres tras roubar 9.000 euros a pacientes no Hospital de Ourense

As ladronas levaron as chaves da casa dunha paciente e roubaronlle 10.000 euros en xoias e roupa.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/01/2023 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a tres mulleres acusadas dun delito de furto e de roubo con forza nunha habitación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e, posteriormente, no domicilio da vítima.

Concretamente, o día 18 e 19 de xaneiro, axentes da Comisaría Provincial do Ourense detiveron a estas tres persoas "descoñecidas", acusadas de, na madrugada do 12 de xaneiro, acceder a unha habitación do hospital mentres os pacientes durmían.

Alí, subtraeron un bolso que contiña obxectos e documentación persoal cuxo valor, explica a Policía Nacional, ascendía a 9.000 euros. Posteriormente, accederon ao domicilio da propietaria do bolso e subtraéronlle diversos obxectos, principalmente bolsos e xoias cuxo valor alcanza máis de 10.000 euros.

Axentes do grupo de UDEV levaron a cabo a investigación e identificaron a tres mulleres como presuntas autoras. As tres foron localizadas e detidas entre o 18 e 19 de xaneiro, tras o que pasaron a disposición xudicial e, unha delas, ingresou en prisión.

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense | Fonte: diariomedico.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta