Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2023 | Actualizada ás 13:11
Transportistas de Aetram, de Lugo, ameazaron de novo este martes con retomar as mobilizacións se finalmente non se manteñen as bonificacións ao combustible, que polo momento son de 20 céntimos para este colectivo.
O presidente de Aetram, Diego Arias, expuxo que "parece" que a axuda se manterá ata xuño, "logo quérena reducir". "E xa avanzamos que se iso se reduce tomaremos medidas de presión porque a situación chegaría a ser inaguantable", avisou.
Arias aproveitou para queixarse do "lamentable estado de mantemento" en que se atopan as estradas, centrándose en Lugo logo do ocorrido na N-642, en Burela, ou tamén a situación en Pedrafita pola caída do viaduto do Castro ou noutras estradas nacionais coa rodaxe "impracticable" ao seu paso pola provincia.
"O mantemento está mal a nivel de Lugo, de Galicia e a nivel nacional en que todas as estradas están desfeitas. Queixámonos de que hai accidentes, pero a maioría das veces os accidentes son culpa das estradas e non dos vehículos", avisou.
Pero pondo o foco na provincia de Lugo, non dubidou en subscribir que "traballar así é un inferno, ademais do que economicamente" suponlles "dar voltas ao revés, co prezo do combustible", en que os gastos "son maiores e non se poden incrementar aos clientes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.