Baltar e A Mezquita, con -6,4 e -6,3 graos, rexistran as mínimas máis baixas

Houbo intensas xeadas no interiro e zonas montañosas de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os municipios de Baltar e A Mezquita, ambos na provincia de Ourense, rexistraron as temperaturas mínimas máis baixas na madrugada e primeiras horas deste mércores, nunha nova xornada de xeadas no interior.

Concretamente, en altitude por baixo de 900 metros, o municipio de Baltar rexistrou -6,4 graos, sendo por segunda xornada consecutiva a estación onde o mercurio máis descendeu na Comunidade galega.

Pola súa banda, en zonas de montaña (máis de 900 metros), A Mezquita rexistrou -6,3 graos. Con temperaturas por baixo dos 4 graos negativos tamén se situou Pedrafita do Cebreiro (Lugo), -5,6 graos; seguidas das estacións --na provincia de Ourense-- da Veiga (-5,6), Vilariño de Conso (-5,1) e A Veiga (-4,4).

De novo por baixo dos 900 metros, sitúanse Verín (-5,6), Xinzo de Limia (-5,3), Viana do Bolo (-5,2), todas elas na provincia de Lugo; e Sarria (-4,6).

O aviso por baixas temperaturas (menos de 4 graos baixo cero) quedou desactivado en Ourense desde as 9,00 horas. Para este xoves, Meteogalicia avisa de nivel amarelo por vento do nordés no mar en toda a costa da Coruña e Pontevedra, entre as 15 e as 21 horas.

Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás
Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta