Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2014 | Actualizada ás 17:41
A Policía xudicial de Santiago investiga o boicot que o profesor da USC e tertuliano, Roberto Balnco Valdés, sufriu no seu despacho da Facultade de Dereito este martes, ao aparecer parcialmente tapiado cuns madeiros nos que se podía ler “Blanco Valdés fascista”.
De feito, os policías acudiron ao despacho de Blanco Valdés alertados polo decano do centro Luis Míguez e, unha vez, alí procederon a buscar pegadas dactilares para para dar cos posibles responsables deste feito e comprobar se hai algunha vinculación cos incidentes anteriores.
E é que este é o quinto ataque que sufre Blanco Valdés. En 2001, o xurista xa atopou tapiado o seu despacho universitario. En novembro do 2009, lanzaron un cóctel molotov contra a entrada da súa casa e pouco despois colocaron un pneumático ao que prenderon lume xunto ao peche da vivenda. En xaneiro do 2010 puxeron un pequeno artefacto no seu garaxe particular.
O tertuliano e un dos articulistas estrelas de La Voz asegurou neste medio que este “ataque” ten que ver coa súa participación fai seis semanas nun acto da plataforma Libres e Iguales, durante o cal deu lectura a un manifesto contrario á consulta separatista de Cataluña. “Allí también unos individuos me gritaron fascista. La tienen tomada conmigo y usan la intimidación propia del fascismo. El objetivo es callarme, que deje de escribir en el periodico -La Voz de Galicia--. Por supuesto, no lo lograrán”.
De feito, as sús polémicas opinións sobre os nacionalismos do Estado o teñen enfrontado a numerosos sectores do mundo nacionalista e asociacións de estudantes na universidade. Este mesmo mércores, nunha entrevista en Crónica Global, o profesor apuntaba que “la solución es hacerle entender a los nacionalistas que lo que tenemos es un régimen federal y que no hay ninguna nación moderna democrática en el mundo que haya fijado el principio de su autodestrucción. Y los casos de Quebec y Escocia son absolutamente excepcionales. No me convierta a la excepción en norma”.
E, preguntado se o federalismo é a solución ao problema do Estado apuntaba “pero, si un nacionalista no se quiere integrar, no hay manera de integrarlo. Este es un principio que hay que aceptar, y por tanto habrá que decirles con claridad: miren señores ustedes no pueden seguir pretendiendo la ruptura del Estado. Esto es sencillamente absurdo porque no tiene salida. No solo es que sea jurídicamente improcedente, es que es políticamente inaceptable”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.