Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/08/2025 | Actualizada ás 20:02
Dous motoristas resultaron feridos este sábado nun accidente múltiple á altura do quilómetro 25 da OU-0415, na localidade de Xirazga, en Beariz. Un deles tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital de referencia. Segundo informa o 112 Galicia, o aviso recibiuse pasadas as 16.00 horas, cando varios particulares informaron dunha colisión entre unha moto e un coche. Minutos despois, unha segunda moto impactou contra a primeira implicada.
Así, alertouse a Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, ademais dos bombeiros do Carballiño, o GES de Avión, a Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil. Con todo, un dos motoristas foi evacuado en helicóptero ao hospital de referencia, mentres que o outro tivo que ser trasladado en ambulancia para recibir atención médica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.