O Parlamento reclama ao Goberno central a mellora integral da N-120 e a reactivación da A-76

Na Comisión 2ª do Parlamento, a deputada do PPdeG, Raquel Arias, sinalou que a N-120 é unha estrada "estratéxica e sen alternativa", pola que a diario circulan máis de 8.000 vehículo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou en Comisión este venres unha Proposición non de Lei do grupo do PP, a través da que se solicita ao Goberno de España que acometa a reparación urxente da N-120 para mellorar a seguridade viaria, e que reactive as obras de construción e posta en servizo da A-76, "como itinerario alternativo para a mellora da comunicación e vertebración das provincias de Lugo e Ourense, e destas coa Meseta".

Na Comisión 2ª do Parlamento, a deputada do PPdeG, Raquel Arias, sinalou que a N-120 é unha estrada "estratéxica e sen alternativa", pola que a diario circulan máis de 8.000 vehículos. Así mesmo, apuntou que a alternativa que se expuxo para este viario foi a autovía A-76, prevista "desde hai 18 anos", pero da que "aínda non está feito nin un só quilómetro".

"Vivimos unha situación intolerable que pon de manifesto, unha vez máis, o abandono no que ten o Goberno de Pedro Sánchez a Galicia, e ao mantemento das infraestruturas que son da súa competencia", sinalou Arias.

Segundo lembrou, a N-120 é utilizada a diario por miles de veciños da comarca de Valdeorras para achegarse a Ourense, e tamén polo tráfico pesado que vai cara ao Porto de Vigo ou Portugal. Ademais, o "lamentable estado" da estrada tamén prexudica a veciños das comarcas de Quiroga e Lemos, na provincia de Lugo.

Por todo iso, e tras o anuncio do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana da redacción dun proxecto de mellora integral da N-120, reclamou ao Executivo central "que sexan máis dilixentes coa redacción e a execución do proxecto de trazado do terceiro carril".

Raquel Arias (PPdeG) na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia.. PPDEG
Raquel Arias (PPdeG) na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta