A USC estará á cabeza dunha investigación que facilite aos migrantes e refuxiados a súa integración en Europa

Os últimos datos de Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur) cifran nuns 14 millóns as persoas desprazadas por persecucións, conflitos, violencias ou violacións de dereitos humanos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela liderará unha investigación para facilitar a integración en Europa de migrantes e refuxiados a través da aplicación da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (Aps), que consiste na integración de procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade.

O obxectivo do proxecto é favorecer a inclusión destas persoas e, ao mesmo tempo, formar ao estudiantado universitario en competencias cívicas e sociais, segundo informou este luns a institución compostelá. Os últimos datos de Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur) cifran nuns 14 millóns as persoas desprazadas por persecucións, conflitos, violencias ou violacións de dereitos humanos.

Os promotores desta investigación, amparada baixo o programa 'Erasmus+' e financiado con case medio millón de euros ata 2025, propoñen a utilización da metodoloxía ApS para potenciar redes de colaboración coa sociedade civil e así "mellorar o proceso de inclusión social das persoas migrantes ou refuxiadas".

Os profesores e coordinadores do proxecto Mar Lorenzo Moledo e Miguel Santos Rego consideran que esta metodoloxía peresenta "unha clara idoneidade" para este ámbito ao constatarse "o seu impacto na visión do alumnado sobre a diversidade, tendo en conta que lles permite comparar estereotipos persoais e sociais, coñecementos sobre a poboación á que se ofrece o servizo, crer no valor dunha sociedade intercultural, ter maior confianza para interactuar en contextos de diversidade e recoñecer a universidade".

Claustro de Fonseca
Claustro de Fonseca | Fonte: usc.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta