Roubo da porta e xanelas nunha casa en obras no Concello de Coirós

O suceso produciuse o pasado xoves e, segundo unha testemuña que paseaba pola zona naquel momento, os presuntos delincuentes serían un home e unha muller novas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Un veciño do concello coruñés de Coirós denunciou o roubo da porta de entrada dunha casa na que está a facer obras, así como dunha escaleira de aluminio, un foco led e varias xanelas e outros materiais. O suceso produciuse o pasado xoves e, segundo unha testemuña que paseaba pola zona naquel momento, os presuntos delincuentes serían un home e unha muller novas.

Esta persoa achegou a matrícula da furgoneta na que cargaron os bens, que xa foi posta en coñecemento da Garda Civil. Por iso, nun comunicado o alcalde, Francisco Quintela, insistiu na necesidade de que a Subdelegación do Goberno aumente a presenza da Benemérita na zona. "Coirós é un municipio tranquilo", reivindicou, pondo o foco na importancia da colaboración cidadá como unha "ferramenta imprescindible" para a seguridade común.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta