7.000 gandeiros galegos presentan as primeiras demandas contra o cártel lácteo

Buscan "avanzar nos prazos" ante o atraso da Audiencia Nacional no seu pronunciamento e piden 800 millóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Gandeiros galegos comezaron a presentar as primeiras demandas en diferentes xulgados contra o cártel lácteo á espera de que a Audiencia Nacional (AN) se pronuncie sobre os recursos das industrias fronte á resolución de 2019 da Competencia Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) que condenou a pagar unha multa de 80,2 millóns de euros polos pactos de prezos producidos entre os anos 2000 e 2013 en España.

En rolda de prensa conxunta de Unións Agrarias (UU.AA.) e representantes do bufete Eskariam, explicouse que estas demandas se adiantan á resolución da Audiencia Nacional, que acumula un acusado atraso, para "avanzar nos prazos" e "gañar tempo ao tempo".

Segundo explica o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, son ao redor de 7.000 os gandeiros en Galicia que presentaron reclamacións --realizaron vendas entre 2000 e 2013-- contra o cártel lácteo para conseguir unha indemnización polo cobrado de menos debido ás prácticas ilegais de pacto de prezos entre industrias. A reclamación de afectados galegos son por valor duns 800 millóns.

Así, os recursos atópanse na Audiencia Nacional, á espera de que o tribunal ratifique a decisión da CNMC e confirme a implicación das industrias no denominado cártel lácteo. No entanto, Eskariam xa presentou a finais de 2022 un total de sete demandas --entre as que hai gandeiros galegos-- en diferentes xulgados de España, tales como Granada ou Barcelona, que representan o global de casuísticas dos prexudicados, segundo explica o conselleiro delegado deste despacho, David Fernández. A iso súmase unha nova demanda en representación de catro produtores de Unións Agrarias, que reclaman sobre un millón de euros.

Rolda de prensa de Unións Agrarias co bufete Eskariam. UNIÓNS AGRARIAS
Rolda de prensa de Unións Agrarias co bufete Eskariam. UNIÓNS AGRARIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta