Alertan de danos para pacientes nun centro de saúde tras desprenderse partes do tellado

CCOO denuncia o desleixo e o mal estado do Centro de Saúde de Conxo "que está a sofrer un deterioro constante".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2023 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

O Sindicato Comarcal de Sanidade de CCOO da comarca de Santiago-Barbanza denuncia o mal estado do centro de saúde de conxo, que ademáis de numerosas eivas estructurais, di, "está a padecer un desleixo que fai que mesmo caian entullos enriba do persoal e nas salas de espera, sen que por parte da Xerencia da área sanitaria se adopte medida resolutiva algunha".

Danos no centro de saúde de Conxo.. CC.OO.
Danos no centro de saúde de Conxo.. CC.OO.

As deficiencias estruturais do Centro de saúde de Conxo, motivaron a decisión de construir un novo centro. CCOO ven denunciando desde hai anos que non se produce avance algún neste proceso, e que o deterioro do centro é cada vez maior.

A central sindical lembra que no último ano producíronse sucesos moi graves, desprendementos do teito con anacos de formigón que caen nas consultas enriba dos traballadores e traballadoras, desprendementos na sala de espera ou levantamento do chan co conseguinte risco de caídas que supón para o persoal e para os usuarios e usuarias.

"O persoal ten medo de que estes incidentes rematen cun accidente con danos persoais. Así nesta mesma semana produciuse un desprendemento nunha sala de espera dunha consulta pechada, polo que afortunadamente non había ningún paciente sentado nesa zona", denuncia nun comunicado.

O sindicato non ten coñecemento das previsións de construcción e apertura do novo centro, pero entendemos que non se pode seguir a prestar asistencia nun espazo que non é seguro xa que cada pouco estase a producir un incidente deste tipo. CCOO esixe á Xerencia unha solución urxente e axeitada que arranxe esta situación prolongada no tempo e que non se continúe a poñer en risco ás persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta