CIG-Ensino apoia as concentracións polo peche de tres unidades dun centro de educación especial en Carballo

Denuncian a decisión "unilateral e inxustificada" da xerencia de Aspaber.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

CIG-Ensino sinalou nun comunicado que apoia a concentración convocada este xoves polos pais e nais do centro de educación especial Aspaber, ás 11,00 horas na Praza do Concello de Carballo, en rexeitamento ao peche de tres unidades educativas.

O sindicato explicou que esta decisión "unilateral e inxustificada" da xerencia "suporá ter que recolocar a uns 20 alumnos con necesidades educativas especiais noutros centros da comarca, na Costa da Morte ou mesmo na Coruña", co "trastorno que isto causa no alumnado e máis nestes en especial".

Ademais, este peche "pon en risco a continuidade dos empregos de tres profesoras". Así, apuntaron que "levan anos realizando xornadas anuais moi superiores ás que lle corresponde", xa que "traballan 1720 horas en lugar das 1250 que establece o convenio".

CIG-Ensino explicou que nas negociacións dos calendarios anuais, a xerente de Aspaber, Dolores Fernández, e o asesor laboral que representa á entidade, Rafael Verdía, "ameazaron con proceder ao peche das unidades", porque "se tiñan que cumprir coa xornada de 1250 horas non lles compensaba ter o centro educativo aberto".

PROBLEMAS COA XERENCIA

As razóns que a xerencia esgrime diante familias e persoal é que non teñen espazo suficiente no centro e que nin a Xunta nin o Concello de Carballo facilitaron unhas instalacións alternativas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visita as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), en Carballo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visita as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), en Carballo | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta