Unhas obras de acometida de gas, causa do derrubamento dun muro nun centro educativo de Ourense

O centro prevé retomar as clases este venres

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 02/03/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

O colexio Cardeal Cisneros de Ourense prevé retomar a actividade lectiva este venres tras o derrube dun muro sobre o patio do centro causado por unhas obras de acometida de gas que perforaron a canalización de auga.

Así o apunta a dirección do centro nunha mensaxe á comunidade educativa do colexio publicado na súa páxina web a última hora do mércores, horas despois do suceso rexistrado arredor das 16,00 horas, que se saldou sen feridos.

A dirección sinala ás obras que levan a cabo na rúa Fonte do Monte como causa da ruptura dos canos, que provcou a inundación do patio e o posterior derruba do muro e as escaleiras do edificio adxacente ao centro.

O corpo de Bombeiro traballa tras o derrube dun muro no colexio Cardeal Cisneros, a 1 de marzo de 2023, en Ourense, Galicia (España). Un muro do colexio Cardeal Cisneros, en Ourense, esborrallouse hoxe posiblemente pola rotura dunha tubaxe. Rosa Veiga - Europa Press
O corpo de Bombeiro traballa tras o derrube dun muro no colexio Cardeal Cisneros, a 1 de marzo de 2023, en Ourense, Galicia (España). Un muro do colexio Cardeal Cisneros, en Ourense, esborrallouse hoxe posiblemente pola rotura dunha tubaxe. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

ALUMNOS EVACUADOS

Segundo o relato dos feitos que ofrece o equipo directivo do colexio, ás 15,50 horas o profesorado decatouse de que se estaba filtrando auga "cada vez con máis intensidade" polo muro despois colapsado.

Tras dar aviso aos bombeiros, a dirección decidiu evacuar a alumnos e traballadores do centro, ademais de dar traslado do que acontecía ás familias.

"Volveremos á normalidade o venres día 3, con todos os servizos que o centro oferta", sinala a dirección do colexio, que terá precitntado o seu patio "ata que reúna as condicións adecuadas para o seu uso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta