Galicia participará de xeito oficial no primeiro gran encontro dos países celtas

Bretaña acolle o I Foro Celta no que estarán presentes destacados dirixentes de Escocia, A Bretaña, Galicia e País de Gales.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2023 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Galicia estará presente no primeiro gran encontro dos gobernos dos países celtas. Será os días 9 e 10 de marzo na Bretaña que acollera a dirixentes deste país, ademais de Escocia, País de Gales e Irlanda. 

Bandeira dos países celtas
Bandeira dos países celtas

Segundo fontes consultadas por Galicia Confidencial, o I Foro Celta comezará cun encontro co presidente bretón, Loïg Chesnais-Girard, presidente da Rexión Bretaña e será a "primeira pedra" para reforzar os lazos das nacións celtas, unidas desde séculos por unha herdanza cultural e lingüística común. A xuntanza, a petición do goberno da Bretaña, ten coma obxectivo reforzar os vínculos existentes, promover a presenza das nacións celtas na comunidade internacional e facilitar os desprazamentos dos estudantes nos diferentes territorios celtas.

Eamon Ryan, ministro da República de Irlanda, Màiri McAllan, ministra de Escocia, Lee Waters, ministro do País de Gales e Diego Calvo, vicepresidente da Xunta, ademais do presidente bretón, serán os encargados de manter unha xuntanza de máximo nivel para impulsar as relacións destas nacións celtas da fachada atlántica.

É unha das primeiras ocasións que terán os países celtas para reclamar a importancia das nacións celtas dentro do espazo europeo, especialmente, da fachada atlántica pola súa histórica relación e contacto a través do mar. 

Os distintos dirixentes dos gobernos celtas achegarán posturas sobre un novo programa de mobilidade entre estudantes, así como sobre a cultura nos territorios célticos. Este foro servirá, ademais, para renovar o acordo bilateral entre Bretaña e País de Gales e para asinar, ademais, novos acordos bilaterais entre Breñta e Escocia e Breña e Irlanda. Acordos que, polo momento, non asumen os gobernos de País de Gales e Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta