Nace "O Gozo Festival", o substituto do Xacobeo para cando non haxa ano xubilar

Robbie Williams, Pixies, ZAZ ou Nils Frahm actuarán en Galicia dentro deste novo festival.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Galicia ten un novo festival de música, O Gozo Festival. Coa presenza de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia e David Lago por parte da promotora Sweet Nocturna, presentouse este luns en Santiago de Compostela este evento, creado coa intención de programar en Galicia grandes artistas internacionais xunto a nomes de referencia en diferentes estilos musicais. 

Robbie Willians
Robbie Willians | Fonte: Wikipedia

Así, este ano está prevista a actuación de Robbie Williams, Pixies, ZAZ ou Nils Frahm, entre outros.  O obxectivo dos promotores é que Galicia siga sendo escenario de grandes concertos interancionais cando se dilúa o "efecto Xacobeo". Desta forma reuniranse propostas destinadas a grandes aforamentos dos artistas máis populares xunto a nomes de culto que se presentarán en espazos máis íntimos e próximos ao artista.

"Con este propósito, presentamos unha programación plural que se desenvolverá ao longo do ano en diferentes cidades galegas, abarcando varios estilos musicais co fin de chegar a distintos tipos de público e idades, co indubidable impacto turístico e económico que supón este tipo de concertos e dando tamén visibilidade aos innumerables atractivos que ofrece a nosa terra", indican os organizadores nun comunicado.

O obxectivo é tamén vincular aos peregrinos que fan o Camiño de Santiago cun concerto de música para que teñan distintas alternativas máis alá de camiñar.  

Os concertos xa confirmados para este 2023 son:

 

11 Marzo – Pixies (Coliseum de A Coruña)

 

19 Marzo – Zaz (Auditorio Mar de Vigo)

 

8 Xulio – Robbie Williams + Martin Garrix + Hombres G + Iván Ferreiro

 

(Monte do Gozo, Santiago de Compostela)

 

23 Novembro – Nils Frahm (Auditorio Abanca, Santiago de Compostela)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta