A Xunta dará axudas para replantar castiñeiros afectados pola vaga de incendios do verán

Por E.P. | Galicia | 06/03/2023 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo este luns un encontro con veciños da comarca de Valdeorras, en Ourense, propietarios de castiñeiros afectados polos incendios do pasado verán, ante os que anunciou que a Xunta convocará unha liña de axudas para a replantación, co obxectivo de paliar os danos no sector da produción de castaña, de gran importancia nesta comarca.

O conselleiro trasladou que estas axudas contarán con "o orzamento necesario" para garantir a replantación de bosques de castiñeiros afectados polos lumes de xullo de 2022. Os apoios complementarán aos que se publicaron aquel mes e que beneficiaron a uns 180 propietarios.

Agora, habilitaranse dúas liñas de axudas sen requisito de superficie mínima. Unha para a curta, recollida ou retirada de pés de árbores danadas polos incendios, adecuación do terreo e plantación de novos pés; e outra para a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais ou cerramentos.

Poderán beneficiarse das subvencións as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de bosques de castiñeiros afectados polos lumes do pasado mes de xullo, e a contía será do 100 por cen do gasto subvencionable.

Vista das chamas dun incendio en Laza, Ourense
Vista das chamas dun incendio en Laza, Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta