Ana Miranda e unha delegación do BNG de Ourense manteñen un encontro en Bruxelas sobre fondos europeos

O centro histórico de Ourense perdeu case 2.000 habitante

Por E.P. | Ourense | 07/03/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e unha delegación dos nacionalistas de Ourense, encabezada polo candidato á Alcaldía, Luís Seara, mantiveron este martes unha xornada de traballo en Bruxelas sobre a captación de fondos europeos destinados ao desenvolvemento local e a revitalización do patrimonio, ante "o deixamento do actual alcalde".

Os nacionalistas ourensáns e Ana Miranda trasladaron, ante os responsables europeos, a súa preocupación pola "situación da cidade de Ourense", cun amplo centro histórico en "estado de lamentable abandono". Así, apuntou o BNG, na última década esa zona da cidade perdeu case 2.000 habitantes e máis da metade das vivendas están baleiras.

Nas reunións abordouse a posibilidade de que Ourense poida acollerse a diversos proxectos europeos, dentro do marco da Nova Bauhaus, entre outras cuestións. Segundo o candidato á Alcaldía, con estes encontros "ábrese unha vía de colaboración para o futuro".

Encontro da eurodeputada do BNG Ana Miranda  e unha delegación do BNG de Ourense, con responsables europeos, sobre captación de fondos
Encontro da eurodeputada do BNG Ana Miranda e unha delegación do BNG de Ourense, con responsables europeos, sobre captación de fondos | Fonte: Europa Press

A delegación mantivo encontros con Kieran McCarthy, relator do informe sobre a Nova Bauhaus Europea; con Michael O Conchuir, secretario xeral do grupo Alianza Europea; e con Catherine Magnant, xefa de unidade  de Política Cultural da dirección xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta