Detido tras cortarlle a cara e case provocar a perda dun ollo a outro cun vaso

O autor permanece en prisión provisional tras deixar inconsciente á vítima, que estivo ingresada 5 días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un home en Vimianzo por golpear a outro home cun vaso de cristal na cara e provocarlle unhas lesións polas que estivo ingresado con risco de perder o ollo esquerdo.

Os feitos, segundo informa o Instituto Armado, producíronse cando varios homes se atopaban nun establecemento hostaleiro. Os dous implicados iniciaron unha discusión e un deles acabou golpeando ao outro co vaso no rostro, o que provocou que o agredido quedase inconsciente no chan mentres o presunto autor abandonaba o lugar.

Debido a este episodio, o agredido sufriu un profundo corte que ocupa todo o lado esquerdo da cara e polo que tivo que recibir máis dunha decena de puntos. Tamén lle provocou importantes lesións no ollo esquerdo polo que tivo que ser ingresado cinco días con risco de perda total da visión e deste órgano.

Tras a toma de declaración ao ferido e a diferentes testemuñas, a Garda Civil de Vimianzo detivo ao presunto autor dos feitos por un delito de lesións agravadas. O apresado, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión, que ordenou o seu ingreso en prisión preventiva, comunicada e sen fianza no centro de Teixeiro.

Vasos de cervexa nun bar
Vasos de cervexa nun bar | Fonte: aragonbeers.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta