Outra guerra en Galicia

O órdago que lanzou Aguirre ten poucos visos de triunfar en Galicia. Aquí, preocupan máis outros problemas, especialmente, os que existen en Ourense...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/04/2008 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Os problemas aquí son outros e afectan a cúpula do partido en Ourense. Aínda que a dirección non se pronuncia públicamente, o certo é que non ocultan que o poder de Baltar é desproporcionado. E tal e como aconteceu con Cacharro en Lugo, o seu obxectivo é cohesionar ó PP de Galicia e acabar cos baróns provinciais. Pero din que agora non é o momento e prefiren agardar. Na provincia son outros, Celso Delgado e Manuel Cabezas, principalmente, os que moven os fíos para tentar minar o poder de Baltar e os seus, sobre todo, de cara á configuración das listas das vindeiras autonómicas.

Sen embargo, o presidente do PP de Ourense non está disposto a deixar o poder e xa advertiu que se queren quitalo, haberá guerra. Conta para elo cunha tropa de fieis, tanto nos concellos como no Parlamento, e xa avisou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 tino

ten os días contados sí, ao mellor deles xa o axudaron (politicamente) a marchar cara outro mundo.

2 Oscar

No creo que Baltar se vaia do PP, fóra vai moito frío.
Parece que o clan da boina tén os días contados.

1 Xandokas

¡A por ellosssss....!!!! (jejeje...)